catálogo de obras de Port-able

portable

Deixamos aquí un álbum coas fotos das obras expostas en Port-able, realizadas por Xacobe Meléndrez. E convidámosvos a visitala, estará ata a primeira semana de agosto no Castelo de Santa Cruz, Oleiros.

Anuncios

Inauguración Portable no Castelo de Santa Cruz

invitacionportableO venres 3 de xullo, ás 20 horas, inauguramos a exposición Portable, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Contaremos cun recital poético a cargo de Jenny Elliot, Francisco X. Fernández Naval, Alfredo Ferreiro e Inma Doval, nun diálogo entre voces galegas e inglesas. Acompañamento musical dos violinistas Florian Vlashi (violinista da Orquesta Sinfónica de Galicia e do Grupo Siglo XXI) e DAvid Vlashi, que interpretará dúos de Bela Bartok.

Inauguración Portable e obradoiros artísticos no Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

CartelProgramaArteMar2 (1)

O dia 3 de xullo inauguramos a exposición Port-able no Castelo de Santa Cruz

ACTIVIDADES NO CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)

  • Exposición Port-Able
    3 xullo-3 agosto 2015
    Exposición colectiva dos 12 artistas do proxecto Port-Able
    Coordina: Arteu (Xacobe Meléndrez e Inma Doval)
    Inauguración: 3 de xullo ás 20 h. con recital poético a cargo de Francisco X. Fernández Naval, Jenny Elliot, Alfredo Ferreiro e Inma Doval. Acompañamiento musical do vilinista Florian Vlashi.
  • Obradoiros Arte e Medio Ambiente. 
    Obradoiros gratuitos dirixidos a nenos, mocidade, 3ª idade, familias… co obxectivo de fomentar o intercambio artístico entre as tres localizacións portuarias.
    Impartidos en inglés
    Venres 3 xullo: Obradoiro de monotipia a partir da natureza
    A partir da natureza e a paisaxe que rodea o Castelo de Santa Cruz, se realizará un obradoiro de monotipia con diferentes técnicas básicas. A partir de 12 anos. Descargar programa do cursoImparte: Eleanor Salt
    Horario: 17 – 20 h.
    Formulario de inscriciónSábado 4 xullo – A maxia do lixo
    A partir de bolsas de plástico desbotadas crearemos collages que mixturen imaxe e texto, a modo de pequenos poemas visuais. Xogaremos con texto propio e tamén de distintos poetas. A partir de 12 anos. Descargar programa do curso.
    Imparte: Andrea Sinclair
    Horario: 11-14 h.
    Formulario de inscrición

    Domingo 5 xullo – Obradoiro de debuxo axul e branco

    O traballo realizarase en duas sesións:

    1. Cada participante traballará a partir dunha ou duas das pezas en cerámica azul ou branca, realizando debuxos basados nas imaxes que nelas están representadas, no que elas nos suxiren.
    2. Os debuxos resultantes a partir destas pezas de cerámica serán despois estampadas en pequenas pezas de cerámica, novas, que formarán una bomba de sementes do tamaño dunha pelota de pin pong. Dentro desas bombas de sementes irán pranzas brancas e azúis que despois cada participante poderá sementar onde queira.  A partir de 12 anos. Descargar programa do curso

    Imparte: William Michael Hudson
    Horario: 11-14 h.
    Formulario de inscrición

  • Avante na Defensa da Pesca Responsable e Artesanal
    Domingo 5 xullo
    Encontro artístico reivindicativo da pesca artesanal responsable coa participación de diferentes artistas plásticos e visuais, poetas e músicos creando en directo durante a xornada.
    Horario: 12 – 20 h.

Portable en London, en The Fordham Gallery (galería flotante, nun barco)

Xa se inaugurou a exposición Portable en London, na Fordham Gallery, galería flotante, nun barco, que percorre dende a semana pasada os canais de London. O dia 4 estivo en Hackney Wick area, incluíndo a mostra nas inauguracións simultáneas que teñen lugar os primeiros xoves de mes.

Do 12 ao 14 de junio estará a exposición en Art in the Park, onde Isabel Pintado e Inma Doval impartirán dous obradoiros interxeneracionais, de pintura en tea e libro de artista con cianotipia respectivamente.

Chegáronnos algunhas imaxes de como quedou montada a expoosición, de Elle Salt e William M. Hudson.

Artistas de Ullapool

artwork info label Klondykers Joanne B Kaar

Dende Ullapool chegan algunhas imaxes da obra xa lista para o envío de Joanne B Kaar. Na etiqueta podemos ler algo sobre o seu proxecto para Portable: ” Inspired by the Russian fish-box labels and collection of newspapers cuttings in Ullapool Museum, doccumenting the infux of Eastern Bloc factory ships known as Klondykers to Loch Broom, from the 1970’s to 1990’s”.

No mes de xullo poderemos velas en Londres, en xullo aquí, en Santa Cruz, e e setembro- outubro en Ullapool.

#proxectoportable #portableshow

Ullapool

El Harbour troust de Ullapool envía algunhas imaxes do seu porto, un lugar que recolle toda a forza e maxia do mar, envolto nas montañas… Hai pouco que o porto foi remodelado. En setembro e outubro estarán alá as nosas obras do proxecto Portable. #proxectoportable #portableshow

As obras galegas camiño de Londres

11146568_10206958382141883_5800517267555909312_nXa están camiño de Londres as obras de Isabel Pintado, Carlos Botana,Xacobe MeléndrezInma Doval Porto. E o 4 de xuño… a navegar polo Thames, dentro da galería flotante  Fordham Gallery, na que percorrerá os canais de Hackney no leste de London para despois expoñerse en Art in the Park  no sur de London onde impartiremos os obradoiros dentro da Open Garden Squares weekend.

#proxectoportable #portableshow